O río Nore (en irlandés An Fheoir) é un río de Irlanda, que xunto co río Barrow e o río Suir, forma parte do grupo coñecido como As Tres Irmás. Ten unha lonxitude de 140 quilómetros e é famoso pola pesca de salmóns e troitas. Nace nunha zona montañosa preto do monte Devil's Bit, no condado de Tipperary, e desemboca no Mar Céltico.
Galería de imaxes