Río Roe

Modelo:Xeografía físicaRío Roe
Imaxe
Tiporío Editar o valor en Wikidata
Inicio
División administrativaReino Unido Editar o valor en Wikidata
Final
LocalizaciónLough Foyle (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Mapa
 54°51′21″N 6°50′37″O / 54.85586, -6.84361
55°06′32″N 6°59′50″O / 55.109, -6.99736
Afluentes

O río Roe (en inglés River Roe, en irlandés Abhainn na Ró) é un río do condado de Londonderry, Irlanda do Norte, que corre cara ao norte deste Glenshane, nos Montes Sperrin até o Lago de Foyle, a través de poboación tales como Dungiven, Burnfoot, Limavady e Myroe.

Etimoloxía

A orixe do nome 'Roe' é incerta. Hai quen lle outorga unha orixe viquinga dos séculos VIII ou XIX, ou que vén do irlandés 'rua', que significa 'vermello', sendo, logo, Río Vermello, podendo ser polo alto contido de ferro que se atopan nalgúns lugares do río.[1]

A base de datos dos nomes de lugares do goberno irlandés,[2], da Universidade de Dublín, identifica a versión irlandesa do nome como Abhainn na Ró, que se pode traducir como "O Río de Remo", posiblemente debido ao seu tránsito antano de embarcacións a remo.

Xeoloxía

A cunca (ou Val do Roe) é un amplo val de orixe glaciar. O río discorre na súa maioría até Limavady a través dun relevo aberto e verde, unha terra de pastoreo, até meterse nunha gorxa de rochas metamórficas dentro do Parque do Val do Roe.[3] Tras Limavady, o río ensánchase, con meandros e un estuario que dá no Lago de Foyle en Myroe Level. Debido á esta característica forma, choivas potentes poden facer que o río se desborde, tendo moitas terras defensas de terra para previr estes rebordos. O estuario é lar de moitos paxaros que o empregan para alimentarse e como área de nidificación.

Pesca

O Parque do Val do Roe é unha área popular para pescar salmóns e troitas.[4]

Notas

  1. Lueg, Jochen. "The Name of the River". Arquivado dende o orixinal o 18 de decembro de 2008. Consultado o 7 de xuño de 2012. 
  2. "Placenames Database of Ireland". Arquivado dende o orixinal o 26 de agosto de 2012. Consultado o 7 de xuño de 2012. 
  3. Northern Ireland Environment Agency (ed.). "Roe Basin Landscape". Arquivado dende o orixinal o 29 de xullo de 2012. Consultado o 7 de xuño de 2012. 
  4. Salmon Ireland (ed.). "Salmon fishing on the River Roe". Arquivado dende o orixinal o 23 de outubro de 2009. Consultado o 7 de xuño de 2012.