Máis de 80% do seu territorio presenta unha altitude menor que 300 metros. O seu clima é tropical, pero cunha distinción: na franxa litoral leste é máis chuvioso, e no interior, despois do Planalto da Borborema, é semiárido. Moitos ríos do estado non son perennes, e desaparecen cando dos meses máis secos. Os ríos principais do estado son: Mossoró, Apodi, Assu, Piranhas e Potengi. A capital do estado, Natal, está situada xunto á foz do río Potengi.
Economía
Os principais produtos do estado son o petróleo (é o segundo estado brasileiro en produción total) e o sal mariño. Na agropecuaria, destácase a fruticultura irrigada na rexión da Chapada do Apodi, principalmente para exportación. Xa a gandería abastece parcialmente o consumo local.
Na industria, destácase o parque téxtil e a extracción de petróleo cru e gas natural (o estado non ten refinerías). Ata recentemente, pola súa proximidade coa Liña do Ecuador, o estado ten sido peza importante no Programa Espacial Brasileiro. Alí está a base de lanzamento de foguetes meteorolóxicos da Barreira do Inferno, que xa lanzou máis de 2 mil foguetes e globos sonda dende 1965.
Turismo
O turismo é unha fonte de renda importante principalmente para a capital do estado, pero tamén para outros municipios do litoral, como São Miguel do Gostoso. O bo tempo atrae turistas brasileiros e estranxeiros ás súas praias. Os paseos de bugre (un automóbil feito co chasis e motor do VW escarabello, rodas largas e sen teito) nas dunas de Genipabú xa son coñecidos ata mesmo fóra do Brasil.
Pero todo isto non é suficiente para garantir a mellora da renda nos municipios máis pobres do interior do estado, que sofren coas secas periódicas, que duran meses seguidos e provocan éxodo rural.