Río Cuarto é unha cidade arxentina da provincia de Córdoba, situada ao sur da mesma provincia. No ano 2016 tiña 220 589 habitantes. É un importante centro comercial e agrícola e foi fundado en 1786 co nome de Villa de la Concepción del Río Cuarto, pola xestión do gobernador Rafael de Sobremonte. O río homónimo é o principal da provincia e discorre pola cidade.