O río Anduriña é un río galego, principal afluente do río Baxoi. Ten unha lonxitude aproximada de 6,1 quilómetros.
Descrición
Nace en Monfero ao pé da serra de Queixeiro preto do lugar de Primoi. Atravesa a parroquia de Queixeiro nos primeiros tramos, sendo coñecido aquí como regato do Porto e recibindo as augas do rego do Vite, principal afluente.
Pouco antes do lugar do Porto, comeza a facer de fronteira entre os concellos de Monfero e Vilarmaior, función que non deixa ata a súa desembocadura no río Baxoi.
Véxase tamén
Ligazóns externas