Rut Balbís|
Rut Balbís Calviño, nada en Ourense en 1979, é unha bailarina e coreógrafa galega fundadora da compañía Pisando Ovos.[1]
Traxectoria
Licenciouse en Ciencias da Actividade Física e do Deporte formándose despois en danza contemporánea en Londres.[1]
Fundou a compañía Pisando Ovos en 2005 xunto con David Loira e posteriormente pasou a dirixila en solitario.[1] Traballa, ademais de con Pisando Ovos, como docente na Aula de Danza da Universidade da Coruña.[1]
Obra
- Directo 9, Teatro Ensalle, Vigo, 2018
- Give it a spin, Centro Cultural Conde Duque, Madrid, 2015
- Peza 7, Teatro Ensalle, Vigo, 2014
- Que volvan as flores, Teatro Ensalle, Vigo, 2014
- Tres, Pazo da Cultura de Narón, 2009
- Menos 1, Teatro Ensalle, Vigo, 2008
- 30000, Salón Teatro, Santiago de Compostela, 2007
- No intre 1800, Teatro Ensalle, Vigo, 2006
- Con permiso, MARCO Vigo, 2006
- N8OHX, Teatro Ensalle, Vigo, 2005
Recoñecementos
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas