Rupiah Bwezani Banda, nado en Gwanda o 13 de febreiro de 1937 e finado en Lusaca o 11 de marzo de 2022, foi un político e diplomático zambiano.
Biografía
Foi vicepresidente de Levy Mwanawasa e asumiu o goberno de forma interina pouco antes da morte deste, ocorrida o 19 de agosto de 2008. Exerceu o cargo de presidente desde novembro de 2008 até setembro de 2011.
Foi embaixador de Zambia na República Árabe Unida en 1965 e en Estados Unidos de 1967 a 1969.
Morreu o 11 de marzo de 2022 aos 85 anos por mor dun cancro de cólon.[1]
Notas
- ↑ notimundo (11 de marzo de 2022). "Muere expresidente de Zambia Rupiah Banda a los 85 años" (en castelán). Consultado o 15 de novembro de 2022.
Véxase tamén
Ligazóns externas