Rumen Georgiev Radev (en búlgaro: Румен Георгиев Радев), nado en Dimitrovgrad o 18 de xuño de 1963, é un militar e político búlgaro. Dende o 22 de xaneiro de 2017 é presidente de Bulgaria.
Radev serviu como comandante da Forza Aérea de Bulgaria.[1] En 2016 presentouse como candidato independente á presidencia do seu país, apoiado polo Partido Socialista Búlgaro, sendo elixido en segunda volta.
Carreira política
En agosto de 2016, o Partido Socialista Búlgaro e Alternativa para un Renacemento Búlgaro (ABR) nomearon oficialmente a Radev para as eleccións presidenciais de 2016.[2][3][4] No mesmo mes, ABR retirou o seu nomeamento presidencial ó xeneral Radev.[5]
Na elección do 6 de novembro, Radev obtivo o primeiro lugar entre os 21 candidatos a presidente na primeira volta, pasando a balotaxe con Tsetska Tsacheva, do partido Cidadáns polo Desenvolvemento Europeo de Bulgaria (GERB).[6][7] Na segunda volta, realizada o 13 de novembro, venceu a Tsacheva cun 58% dos votos.[8]
Asumiu a presidencia de Bulgaria o 22 de xaneiro de 2017, nunha cerimonia militar realizada na capital, Sofía.[9] O 27 de xaneiro nomeou a Ognian Gerdzhikov como primeiro ministro.
Notas