Rumelia (turco otomán: روم ايلى "terra dos romanos"; turco: Rumeli ; grego: Ρωμυλία ) foi o nome dunha rexión histórica do sueste de Europa que foi administrada polo Imperio Otomán, aproximadamente correspondente aos Balcáns. No seu sentido máis amplo, utilizábase para referirse a todas as posesións e vasalos otománs en Europa. Estes máis tarde serían clasificados xeopolíticamente como "os Balcáns", coa excepción xeral da Hungría otomá.[1]