A lingua turca otomá (turco: Osmanlı Türkçesi) ou lingua otomá (لسان عثمانى, lisân-ı Osmânî), é a variedade da lingua turca que foi empregada durante o Imperio Otomán. En moitos aspectos, tiña préstamos do árabe e do persa, e escribíase en alfabeto turco otomán. Durante o cumio do poder otomán, o 88% do seu vocabulario procedía do persa e do árabe,[3] mentres as palabras de orixe árabe superaban en gran medida as palabras turcas nativas.[4]
Deste xeito, os turcos otománs non se entendían cos turcos rurais de clase baixa e sen educación, que continuaban a empregar o kaba Türkçe ("turco vulgar"), o cal tiña poucos préstamos doutras linguas e é a base da lingua turca moderna.[5]
Notas
Véxase tamén
Bibliografía