Rudy Gobert-Bourgarel, nado o 26 de xuño de 1992 en Saint-Quentin, Aisne, é un xogador francés de baloncesto profesional que xoga nos Minnesota Timberwolves da National Basketball Association (NBA).
Traxectoria profesional
Francia
Na tempada 2011-12 da LNB Pro A, Gobert fixo 4.2 puntos e 3.6 rebotes por partido co Cholet Basket.[1]
NBA
O 27 de xuño de 2013, Gobert foi seleccionado na 27ª posición do Draft da NBA de 2013 polos Denver Nuggets. Pouco despois foi traspasado ós Utah Jazz a cambio da 46ª elección, Erick Green, e diñeiro. O 6 de xullo de 2013, asinou un contrato cos Jazz para a tempada 2013-14.[2] O 14 de decembro de 2013, foi asignado ós Bakersfield Jam da NBA Development League.[3] O 21 de decembro foi chamado de volta polos Jazz.[4] O 4 de xaneiro de 2014 foi asignado de novo ós Jam,[5] e volveu ós Jazz o 13 de xaneiro.[6]
O 6 de xullo de 2022, Gobert foi traspasado ós Minnesota Timberwolves a cambio de Patrick Beverley, Malik Beasley, Jarred Vanderbilt, Leandro Bolmaro, e os dereitos do Draft de Walker Kessler, ademais de catro elección da primeira rolda do Draft e un intercambio de eleccións da primeira rolda do Draft de 2026.[7]
Estatísticas
Tempada regular
Tempada
|
Equipo
|
PX
|
MIN
|
%TC
|
%3P
|
%TL
|
REB
|
ASIS
|
ROUB
|
TAP
|
PTS
|
2013-14
|
Utah
|
45
|
9.6
|
.486
|
.000
|
.492
|
3.4
|
0.2
|
0.2
|
0.9
|
2.3
|
Total
|
|
45
|
9.6
|
.486
|
.000
|
.492
|
3.4
|
0.2
|
0.2
|
0.9
|
2.3
|
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
|
---|
Primeira Rolda | |
---|
Segunda Rolda | |
---|