Edgar Ruben Garfias, nado en Memphis, Tennessee, Estados Unidos de América o 23 de xullo 1960, é un actor de televisión e cinema estadounidense.[1]
Traxectoria
En 2001, protagonizou o filme The Barrio Murders con Noel Guglielmi e Nena Quiroz. Como actor, Garfias desempeñou o papel de Rafa no filme Ladrón que roba a ladrón, xunto con Fernando Colunga, Miguel Varoni, Gabriel Soto, Ivonne Montero e Óscar Torre.
En 2008, interpretou ao presidente Klaus no filme Get Smart's Bruce and Lloyd: Out of Control. Máis tarde, apareceu no filme The Perfect Game. Tamén participou nunha película de terror Insidious: Chapter 3, como Ernesto.
Despois participou en series como The Good Doctor, The Mentalist, Criminal Minds, The Terror, Brooklyn Nine-Nine e Rosewood.
En 2017 apareceu como unha actuación especial da serie Grey's Anatomy, tempada 14, episodio 21 como "Bob". En 2019, debutou como a voz de Héctor Casagrande en The Casagrandes, unha serie animada de Nickelodeon. En 2021, uniuse ao elenco do filme Paradise Cove, interpretando ao sheriff García.
Filmografía
Filmes
Televisión
Notas
Véxase tamén:
Ligazóns externas