14 215 Persoal permanente 8 493 Persoal na reserva
Alcume(s)
RAN
Lema(s)
Serving Australia with Pride
Aniversarios
10 de xullo
Equipamento
50 buques
Enfrontamentos
Primeira guerra mundial Segunda guerra mundial Guerra de Corea Emerxencia en Malaisia Confrontación Indonesia Guerra de Vietnam Guerra do Golfo Guerra de Afganistán Guerra de Iraq
A Royal Australian Navy (RAN) é o corpo naval da Forza de Defensa Australiana. Tras a Federación de Australia en 1901, os barcos e recursos das armadas coloniais independentes integráronse nunha forza nacional: a Commonwealth Naval Forces. Orixinalmente prevista para a defensa local, á armada concedéuselle o título de "Royal Australian Navy" en 1911, e converteuse na responsable da defensa da rexión.
A Royal Navy británica continuou apoiando á RAN e proporcionándolle capacidade de defensa adicional no Pacífico ata os primeiros anos da segunda guerra mundial. Entón, a rápida expansión nos tempos de guerra impulsou a adquisición de grandes buques de superficie e a construción de moitos barcos de guerra máis pequenos. Na seguinte década a RAN mercou un pequeno número de portaavións, o último deles pagado completamente en 1982.
Hoxe en día, a RAN está formada por 51 buques comisionados e uns 16 000 homes. É unha das máis grandes e sofisticadas armadas da rexión do Pacífico, cunha presenza significativa no océano Índico e en operacións por todo o mundo apoiando campañas militares e misións de paz. O actual Xefe da Mariña é o vicealmirante Ray Griggs.
RAN hoxe
Frota
En setembro de 2017 a frota da RAN consistía en 47 buques de guerra, incluíndo destrutores, fragatas, submarinos, patrulleiras e buques auxiliares.[1] Os buques da RAN levan o prefixo HMAS (Her Majesty's Australian Ship).[2]
A RAN ten dúas bases principais para a frota:[3][4]