Rosa Gómez Limia, nada en Barbantes (Punxín) en 1943, é unha política galega.
Traxectoria
Perito mercantil. Foi candidata do PSdeG-PSOE á alcaldía de Mugardos nas eleccións municipais de 1979, 1983 e 1987. Nesa última ocasión foi a candidatura máis votada, pero non logrou a alcaldía dado o pacto entre o PTG-UC, BNG e Esquerda Unida, que permitiu seguir a Manuel Fariña Doval na alcaldía[1]. Foi candidata ao Parlamento de Galicia pola provincia da Coruña nas eleccións autonómicas de 1985 polo PSdeG; non resultou elixida, pero tomou posesión como parlamentaria o 20 de decembro de 1988 logo da renuncia de Jesús Mosquera Sueiro. Posteriormente licenciouse en Xornalismo na Universidade de Santiago de Compostela (2002). Xuíza de paz en Teo dende 2011, é presidenta da asociación Teenses pola Igualdade. Entre os seus artigos están "A prostitución en Galicia, un problema sen resolver" e "100 Mulleres Galegas artistas emerxentes".[2]
Notas
- ↑ La Voz de Galicia, Ferrol, 12-7-1987, p.37.
- ↑ La Voz de Galicia, Ferrol, 10-4-2018, p. 12.
Véxase tamén
Ligazóns externas
Outros artigos