Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:
Roque Barcia.
Roque Barcia Ferraces de la Cueva, nado en Piñeiro (Cora, A Estrada) o 31 de decembro de 1776[1] e finado en Madrid en 1838, foi un comerciante e político galego.
Traxectoria
Fillo de Nicolás Juan José Francisco de Barcia Fernández de Ávila (1732-1816) e de Rosa Ferraces Pastor Torrado. Foi funcionario da administración de rendas e aduanas. En 1800 estableceuse en Isla Cristina (provincia de Huelva), onde desde 1809 foi escribán público
De ideoloxía liberal, durante o trienio liberal (1820-1823) desenvolveu unha intensa actividade política en Madrid[2]. Solicitou a prohibición das artes de pesca de arrastre non controladas e introducidas por cataláns e valencianos nas costas de Huelva[3], e pediu que a capital da provincia de Huelva pasase a ser Ayamonte.
Tras a restauración absolutista exiliouse en Portugal. Nunha solicitude presentada á alcaldía de La Redondela en 1829 definíase como comerciante de viños. En 1834 regresou a Madrid, onde residiu até o seu falecemento.
Vida persoal
Casou con Teresa Martí Duboy, de Isla Cristina, e tiveron seis fillos e fillas: Filomena, Joaquina (falecida cun ano de idade), Nicolás (falecido cun ano de idade), Hermenegilda, Amparo (finada cun ano de idade) e Roque Barcia Martí.
Obras
- Pequeña memoria de grandes desaciertos sobre la Pesca, Madrid: Imp. de Eusebio Álvarez, 1822.
- Memoria sobre el establecimiento de Capital de una nueva provincia en la Bética : como será mas rica la nueva Provincia, estableciendose su capital en Huelva, en Moguer, en Valverde del Camino ó en Ayamonte. Madrid, 1822
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
- Carmona, Antonio; Caballero, Pablo (2011): Recuerdo de una memoria olvidada. Roque Bárcia Ediciones.