As súas orixes remóntanse á fundación dunha colonia pesqueira por cataláns e valencianos tras o terremoto de Lisboa de 1755, que creceu ata obter o seu propio concello en 1833 e absorber despois ao antigo municipio de La Redondela en 1887.[2]
A actividade principal é a pesca, favorecida polo seu importante porto. A súa lonxa é a primeira por poxas de peixe fresco de Andalucía e a segunda por tonelaxe, só superada por Cádiz.[3] A actividade turística tamén ten unha presenza remarcable.
No termo municipal atópanse as Marismas de Isla Cristina, protexidas mediante a forma de Paraxe Natural, e tamén varias zonas de piñeiro e matogueira do cinto dunar costeiro pertencentes e xestionados por ICONA-INIA. Debido á súa orientación leste-oeste, as postas de sol que acaban entre o mar e a terra serviron de inspiración a varios poetas, chegando a crear a ruta das postas de sol, con citas soadas de afamados poetas como Rafael Alberti, Gerardo Diego, Juan Ramón Jiménez ou Luis Cernuda.[4]
Demografía
Pobación de Isla Cristina segundo INE desde 1900[5]