Romano Floriani MussoliniNome orixinal | Romano Benito Floriani Mussolini |
---|
|
Nacemento | 27 de xaneiro de 2003 (21 anos) Roma, Italia |
---|
Educación | St. George's British International School (en) |
---|
Altura | 1,88 m |
---|
|
Ocupación | futbolista |
---|
Deporte | fútbol |
---|
Posición de xogo | Defensa, centrocampista |
---|
|
Nai | Alessandra Mussolini |
---|
Parentes | Benito Mussolini, bisavó Romano Mussolini, avó materno Anna Maria Villani Scicolone, avoa materna Rachele Mussolini, tía Rachele Mussolini, bisavó Alessandro Mussolini, tataravó Rosa Maltoni, tataravoa Sophia Loren, tía avoa |
---|
|
|
Romano Benito Floriani Mussolini,[1] tamén coñecido polos medios italianos como Mussolini Jr.,[2] nado en Roma o 27 de xaneiro de 2003, é un futbolista italiano que xoga como lateral dereito ou centrocampista na Juve Stabia, da Serie B, cedido polo Lazio. É fillo da política Alessandra Mussolini, neto do pianista Romano Mussolini e bisneto do ditador fascista Benito Mussolini.[3]
Traxectoria
Naceu en 2003 en Roma, sendo o terceiro fillo de Mauro Floriani e da eurodeputada de Forza Italia, Alessandra Mussolini.[4][5] No seu bautismo, debido ao desexo de súa nai de que non se perdese o apelido "Mussolini", recibiu dous apelidos, despois dun acordo coas autoridades civís e a Igrexa católica para esta excepción á costume italiana e ás leis, que permitían só un apelido.[5][6][7] Ademais, recibiu como segundo nome "Benito", na honra do seu bisavó, o ditador italiano Benito Mussolini.[6] Foi educado na St. George's British International School de Roma e fíxose coñecido no país ao aparecer con súa nai no programa de televisión Ballando con le Stelle.[8][3]
Como futbolista
Comezou a súa carreira futbolística xogando nos equipos xuvenís da Roma antes de fichar pola Lazio cando tiña 13 anos.[4][9] En 2018 saíu cedido ao Vigor Perconti.[10] En marzo de 2021 asinou un contrato profesional coa Lazio ata 2024.[11] Na tempada 2023/24 xogou cedido no Pescara e na seguinte saíu a préstamo á Juve Stabia, da Serie B. En decembro de 2024 foi noticia cando marcou o seu primeiro gol como profesional, ante o Cesena. Tralo gol, o speaker do estadio coreou sete veces o seu nome, Romano, ao que parte dos seareiros respondían co berro de "Mussolini", ao tempo que realizaban o saúdo fascista.[12]
Notas
- ↑ "Benito Mussolini’s great-grandson joins Lazio’s Primavera" (en inglés). 3 de febreiro de 2021. Consultado o 2 de agosto de 2021.
- ↑ "Mussolini Jr: «Alla Lazio il mio cognome non pesa, qui sono solo Romano»". Il Messaggero (en italiano). 3 de febreiro de 2021. Consultado o 2 de agosto de 2021.
- ↑ 3,0 3,1 "Great-grandson of fascist dictator Mussolini joins Lazio's under-19 team". The Guardian (en inglés). 2 de febreiro de 2021. Consultado o 2 de agosto de 2021.
- ↑ 4,0 4,1 "Romano Mussolini, alla Lazio Primavera il figlio di Alessandra" (en italiano). 2 de febreiro de 2021. Consultado o 2 de agosto de 2021.
- ↑ 5,0 5,1 "Chi sono Caterina, Clarissa e Romano, i tre figli di Alessandra Mussolini" (en italiano). 1 de decembro de 2020. Consultado o 2 de agosto de 2021.
- ↑ 6,0 6,1 "Il Duce’s name is all right for my son" (en inglés). 9 de outubro de 2003. Consultado o 2 de agosto de 2021.
- ↑ "Landmark ruling means Italian mums can give children their surname" (en inglés). 10 de novembro de 2016. Consultado o 2 de agosto de 2021.
- ↑ "Romano Floriani Mussolini alla Lazio, chi è il terzino della Primavera" (en italiano). 2 de febreiro de 2021. Consultado o 2 de agosto de 2021.
- ↑ "Lazio, dalla Roma arriva il 2003 Floriani Mussolini" (en italiano). 10 de xullo de 2016. Consultado o 2 de agosto de 2021.
- ↑ "Vigor Perconti: dalla Lazio arriva Floriani Mussolini" (en italiano). 3 de xaneiro de 2018. Consultado o 2 de agosto de 2021.
- ↑ "Lazio sign Benito Mussolini's great-grandson Romano Floriani Mussolini on deal until 2024" (en inglés). 24 de marzo de 2021. Consultado o 2 de agosto de 2021.
- ↑ "Italian football fans salute Mussolini’s goal-scoring great-grandson" (en inglés). 23 de decembro de 2024. Consultado o 2 de xaneiro de 2025.