O Roman Provincial Coinage (RPC) é un proxesto editorial de catalogación de moedas do Imperio Romano, iniciado en 1992, que abrangue as emisións provinciais romanas do príodo 44 a.C. - 296/7 d.C.
Este proxecto prevé a publicación de dez volumes, dos que ata 2022 se publicaron a metade.
O proxecto
Os redactores responsables deste proxecto son Andrew Burnett (Departamento de Moedas e Medallas do British Museum), Michel Amandry (Gabinete de Medallas da Bibliothèque Nationale de France), Christopher Howgego (Ashmolean Museum) e Jerome Mairat (Universidade de Oxford).[1]
O obxectivo de Roman Provincial Coinage é o rexistro, en orde cronolóxica e xeográfica, de todas as emisións provincias romanas do período entre o 44 a.C.e o 296/7 d.C., tomando como base a análise das dez coleccións numismáticas máis importantes dese xénero, denominadas no proxecto "colaccións básicas".[2]
A base de datos das moedas estudadas está dispoñible na páxina web do proxecto.[3]
Coleccións básicas
Esta é unha listaxe das dez coleccións básicas nas que se basea do RPC:[4]
Repartición da materia por volumes
Estes son os perídos que abrangue cada un dos volumes previstos e dos xa publicados:[5]
- Dinastía Xulio-Claudia.
- Dinastía Flavia.
- Nerva - Hadriano.
- Os Antoninos.
- Dinastía Severa.
- Alexandre Severo.
- Gordiano I - Gordiano III.
- Filipo o Árabe.
- Decio - Uranio Antonino.
- Valeriano - Diocleciano.
Volumes publicados
Ata 2022, publicáronse cinco dos dez volumes previstos, ademais de varios apéndices, algúns deles dispoñibles unicamente en liña:
Volumes
- Vol I. (1992). The Roman Provincial Coinage. Vol. I. From the death of Caesar to the death of Vitellius (44 BC-AD 69). Burnett, A.; Amandry, M.; Ripollès, P. P. ISBN 0 7141-0871-5 (reedicións en 1998 e 2006).
- Vol. II (1999). Roman Provincial Coinage. Vol. II. From Vespasian to Domitian (AD 69-96). Burnett, A.; Amandry, M.; Carradice, I. ISBN 978-0714108988
- Vol. III. (2015). Roman Provincial Coinage. Vol. III. From Nerva to Hadrian (AD 98-138). Burnett, A.; Amandry, M. ISBN 978-0714118277
- Vol. VII-I (2006). Roman Provincial Coinage. Volume VII.1: From Gordian I to Gordian III (Ad 238-244). Spoerri-Butcher, M. ISBN 978-0714118130
- Vol. VII-II (2022). Roman Provincial Coinage VII.2: From Gordian I to Gordian III (Ad 238-244). Spoerri-Butcher, M.; Mairat, J. ISBN 978-0714118307
- Vol. IX (2016). Roman Provincial Coinage IX: From Trajan Decius to Uranius Antoninus (AD 249-254). Hostein, A.; Mairat, J.. ISBN 978-0714118291
Suplementos
- (1998): Roman Provincial Coinage. Supplement 1. Burnett, A.; Amandry, M; Ripollès, P. P.
- (2006). Roman Provincial Coinage. Supplement 2. Burnett, A.; Amandry, M. Ripollès, P. P.; Carradice, I. ISBN 978-84-690-5987-6
- (2014): Roman Provincial Coinage. Supplement 3. Amandry, M.; Burnett, A.; Carradice, I.; Ripollès, P. P.; Spoerri-Butcher, M. ISBN 978-0-89722-333-1.
- (2015). Roman Provincial Coinage. Consolidated Supplement I-III (1992-2015). Ripollès, P. P.; Burnett, A.; Amandry, M.; Carradice, I.; Spoerri-Butcher, M. ISBN 978-1-910807-06-4
- (2017). Roman Provincial Coinage. Supplement 4 (volumes I, II, III, VII.1 e IX). Amandry, M.; Burnett, A.; Hostein, A.; Mairat, J.; Ripollès, P. P.; Spoerri-Butcher, M.
- (2019). Roman Provincial Coinage. Supplement 5 (volumes I, II, III, VII.1 e IX). Amandry, M.; Burnett, A.; Hostein, A.; Mairat, J.; Ripollès, P. P.; Spoerri-Butcher, M.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
- Savio, A.; Cavagna, A. (eds). (2010). Atti della Giornatta di Studio 100 anni del Corpus Nummorum Italicorum. Milano 15 maggio 2009. Società Numismatica Italiana.
- Travaini, L. (2010). "Il 'Corpus Nummorum Italicorum', un'opera in venti volumi". En Bollettino di Numismatica. Nº 54. Páxinas 339-346.
- "Corpus Nummorum". En Time. 30 de xullo de 1923.
Outros artigos
Ligazóns externas