O Rollhockey Club Wimmis é un club de hóckey a patíns da cidade de Wimmis (Suíza). Foi fundado o 27 de setembro de 1975 e actualmente compite na LNA.
No ano 2000 o club acolleu o Campionato de Europa.
Historia
O club foi fundado en 1975 por dous xogadores de hóckey que se atopaban na procura dunha formación axeitada para xogar en verán. No ínterim, un grupo de entusiastas da rexión e ben coñecidos en Wimmis fixeron medrar ao club. O club tivo un lugar provisional nas instalacións da escola de primaria.
O punto culminante dos 30 anos de historia do foron sen dúbida a organización da 44ª edición do Campionato de Europa, do 4 ao 10 de xuño do 2000 na sala do hóckey a patíns do Rollhockeyhalle Herrenmatte Portugal, España, Italia, Francia, Alemaña, Inglaterra, Holanda e, por suposto, o equipo nacional suízo xogaron durante unha semana polo título, que finalmente acadaría España tras gañar na final a Portugal.
Palmarés
Véxase tamén
Ligazóns externas