Rodrigo Gómez de Neda|
Nacemento | século XIII Neda, España |
---|
Morte | Despois de 1287 |
---|
|
Ocupación | soldado |
---|
Período de actividade | (Con vida en: 1287 ) |
---|
Rodrigo Gomes de Neda (tamén transcrito Rodrigo Gómez de Neda) foi un nobre e militar galego no século XIII.
Traxectoria
É coñecido grazas ao seu testamento, outorgado na cidade occitana de Montpellier en 1287. Este documento é a única fonte sobre a súa vida que se coñece, mais é prolixa en datos biográficos.
No dito testamento, escrito en latín, é denominado como Rodericus Gomessij e afirma ser «miles yspanus» (soldado da Hispania) de Neda. Así mesmo, recoñece ter cometido asoballamentos en Galicia por el e por seu pai, Don Gomes, polos cales encomenda a alma a Deus e pide facer restitucións para expiar as súas culpas, as cales declara en favor de diferentes persoas e institucións.[1]
Notas