Robin Llwyd ab Owain, nado en xuño de 1958, é un autor, poeta e wikipedista galés. Gañou a cadeira no Eisteddfod Genedlaethol Cymru en 1991, en Mold por un poema titulado "Merch Ein Amserau" (A rapaza do noso tempo). En 2013, foi nomeado primeiro administrador de Gales de Wikimedia UK. É fillo do poeta e autor Owain Owain.
Traxectoria
En 1991, Owain gañou a cadeira no Eisteddfod Genedlaethol Cymru en Mold por un poema titulado "Merch Ein Amserau". Un dos xuíces describiu o poema como un novo terreo. En decembro de 1996, converteuse no primeiro escritor galés en publicar os seus poemas na rede: Rhedeg ar Wydr:[1] publicados en edición impresa en decembro de 1997.[2] Os seus poemas foron lidos na televisión polo actor Rhys Ifans. Owain ten escrito para contidos de televisión e radio.
Ademais de poesía, Owain tamén ten escrito e publicado máis de 100 cancións, incluíndo unha cantada por Bryn Terfel: 'Brenin y Ser' e 'Pedair Oed' que foi cantada por Rhys Meirion.[3]
Owain traballou como mestre durante 13 anos, e dende 2000 até 2008 dirixiu unha compañía de software (Cyfrifiaduron Sycharth).[4]
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas