Ris-Ras foi un semanario editado en Ribadavia en 1929.
Historia e características
Subtitulado Periódico festivo semanal, apareceu en setembro de 1929.[1] O seu director e propietario era Braulio Iglesias Lorenzo, e entre os redactores figuou Mario Canda. Semanario satírico-festivo de liña semellante a El Porvenir, contiña información humorística e notas de sociedade. Aparecía os xoves.
Apareceu unha segunda época setembro e decembro de 1934.
Notas
- ↑ El Progreso, 20-9-1929, p. 3.
Véxase tamén
Bibliografía