Rinaldo Fioramonte Martino tamén coñecido como Mamucho Martino, nado o 6 de outubro de 1921 en Rosario (Provincia de Santa Fe e finado o 15 de novembro de 2000 en Buenos Aires foi un futbolista arxentino que xogaba na demarcación de centrocampista.
A Asociación do Fútbol Arxentino (AFA) incluíuno entre os 24 futbolistas arxentinos que integran o Salón da Fama.
Traxectoria
Comezou xogando en equipos do seu Rosario natal, primeiro o Club Peñarol e despois o Club Belgrano. En 1941 fichou polo San Lorenzo de Almagro. Pese a non xogar como home máis adiantado tiña unha gran capacidade goleadora, sendo o máximo anotador do campionato arxentino de 1942.
Co equipo de Almagro gañou o título de liga en 1946 e realizou unha xira por Europa ese mesmo ano.
A finais dos anos 40 fichou polo Juventus FC italiano, co que acadou o título da Serie A, e incluso chegou a xogar coa Selección de fútbol de Italia[1]. De volta en América xogou no Club Nacional de Football, co que tamén gañou o título. Tras un breve paso por Boca Juniors volveu a Nacional para ser campión outra vez.
En 1953 fichou polo CA Cerro, onde se retirou.
Formou parte da Selección de fútbol da Arxentina entre 1942 e 1947 sendo campión da Copa América en dúas ocasións, 1945 e 1946. Na primeira delas anotou un gol histórico ante Uruguai ante o porteiro Roque Máspoli, que se considera como un dos máis notábeis da historia do fútbol suramericano, e que foi bautizado no seu momento coma o gol de América.
Palmarés
Campionatos nacionais
Copas internacionais
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas