Finlandia está dividida en 19 rexións, denominadas en lingua finesamaakunta e en suecoandskap. As rexións están gobernadas por consellos rexionais, que serven como foros de cooperación para os concellos da rexión. As principais funcións das rexións son os plans rexionais e o desenvolvemento de empresas e da educación. Ademais, os servizos da sanidade pública adoitan organizarse en base ás rexións. Actualmente a única rexión na que se celebra unha elección popular para o cosello é Kainuu. Outros consellos rexionais son elixidos polos consellos municipais, enviando cada consello municipal representantes en proporción á súa poboación.
Ademais da cooperación intermunicipal, que é responsabilidade dos consellos rexionais, hai 15 Centros de Desenvolvemento Económico, Transporte e Medio Ambiente (en finés: elinkeino-, liikenne- ja ympäristökeskus, abreviado ely-keskus), que é responsable da administración local de traballo, agricultura, pesca, bosques e asuntos empresariais. Cada un deles é responsable dunha ou máis rexións de Finlandia, e inclúe oficinas do Ministerio de Traballo e Economía, Transporte e Comunicacións, e Medio Ambiente. As oficinas das Forzas Armadas Finlandesas son responsables dos preparativos de defensa e da administración do servizo militar obrigatorio na rexión.
Rexións
Rexións de Finlandia
(rexións históricas delimitadas en gris)
Como no caso das federacións provinciais e as asociacións sub-rexionais antes de 1994, prodicíronse pequenas mudanzas dentro das provincias dende 1994, principalmente nos municipios individuais.
Dende 1994, tan só unha rexión desapareceu, cando a rexión de Uusimaa Oriental uniuse á de Uusimaa a principios de 2011.
↑Ritva Kylli, Mirja Vehkaperä 2009. Maakunta on matkassamme. Pohjois-Pohjanmaan maakuntaliitto 1931-1993 ja Pohjois-Pohjanmaan seutukaavaliitto 1969-1993. Oulu, Pohjois-Pohjanmaan liitto. ISBN 978-952-5731-08-8
↑"Tietoa meistä"(en finés). Pohjois-Savon liitto. Arquivado dende o orixinal o 23 de novembro de 2018. Consultado o 26 de febreiro de 2019.