A revitalización lingüística ou renacemento da lingua, é un intento de deter ou reverter o proceso de esmorecemento dunha lingua ou resucitar unha extinta.[1] Entre os involucrados neste proceso pódense contar lingüistas, grupos culturais ou comunitarios ou gobernos.
A miúdo, diversos partidos traballan xuntos no mesmo proxecto. As linguas obxectivo da revitalización lingüística inclúense aquelas cun uso ou prominencia severamente minguada, chamadas linguas en perigo ou ameazadas, ou aquelas que só teñen uns poucos falantes anciáns, chamadas moribundas. Nalgúns casos, as técnicas de revitalización lingüística poden ser empregadas para tentar revivir linguas mortas. Malia que os obxectivos da revitalización varían moito dependendo do caso, todos teñen en común facer medrar o número de falantes e o uso da lingua, ou tentar manter o nivel actual da lingua para protexela da extinción.
É preciso distinguir entre renacemento da lingua (a resurección dunha lingua "morta" sen falantes nativos vivos) e a revitalización da lingua (o rescate dunha lingua que está a "esmorecer"). Tense sinalado que o único caso exitoso de resurección lingüística completa, é o da lingua hebrea, xa que se creou unha nova xeración de falantes nativos sen ningún falante pre-existente como modelo.[2]
↑Tsunoda, Tasaku. Language Endangerment and Language Revitalization. Berlin: Mouton De Gruyter, 2005. 12. Print.
Véxase tamén
Bibliografía
Grenoble, L. A. e Whaley, L. J. (1998). Endangered Languages: Language Loss and Community Response. Cambridge University Press. ISBN 0521597129
Nettle, D. e Romaine, S. (2000). Vanishing Voices. Oxford University Press. ISBN 0195152468
Reyhner, J. (ed.) (1999). Revitalizing indigenous languages. Flagstaff, AZ : Northern Arizona University, Center for Excellence in Education. ISBN 0967055407