Retranca Editora é unha editorial galega de banda deseñada con sede na cidade de Pontevedra. O seu director é Kiko da Silva. Fundouse en 2007 e ten unha produción estimada de entre 3 e 4 títulos por ano, tanto de autores galegos como de fóra[1].
É a empresa responsable da publicación da revista homónima.
Entre os títulos do seu catálogo figuran obras como Pinturas de guerra de Ángel de la Calle[2] ou Amani de Miguelanxo Prado[3].
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Ficha en Editorasgalegas.gal.