Retour à Séoul é un filme de 2022 dirixido por Davy Chou. É unha coprodución internacional que conta a historia de Freddie (Ji-Min Park), unha rapaza francesa adoptada de vinte e cinco anos que viaxa a Corea do Sur na procura dos seus pais biolóxicos. O filme estreouse o 22 de maio de 2022 no Festival Internacional de Cinema de Cannes na sección Un Certain Regard. Foi escollido como candidato de Camboxa para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 95ª edición dos premios,[3] chegando a clasificarse na lista curta de decembro.[4]
Personaxes
- Ji-Min Park como Frédérique "Freddie" Benoît
- Oh Kwang-rok como pai biolóxico de Freddie
- Cho-woo Choi como nai biolóxica de Freddie
- Guka Han como Tena
- Kim Sun-young como tía biolóxica de Freddie
- Yoann Zimmer como Maxime
- Louis-Do de Lencquesaing como André
- Hur Ouk-Sook como avoa biolóxica de Freddie
- Emeline Briffaud como Lucie
Notas
Véxase tamén
Outros artigos