Neak sre |
---|
Ficha técnica |
---|
Título orixinal | អ្នកស្រែ |
---|
Director | Rithy Panh |
---|
Produtor | Jacques Bidou Pierre-Alain Meier |
---|
Guión | Ève Deboise Rithy Panh |
---|
Baseado en | Ranjau Sepanjang Jalan de Shahnon Ahmad |
---|
Intérpretes | Peng Phan Mom Soth Chhim Naline |
---|
Música | Jean-Claude Brisson Marc Marder |
---|
Fotografía | Jacques Bouquin |
---|
Montaxe | Andrée Davanture Marie-Christine Rougerie |
---|
Distribuidora | Facets Video |
---|
Estrea | 1994 |
---|
Duración | 125 minutos |
---|
Orixe | Camboxa |
---|
Xénero | Drama |
---|
Na rede |
---|
|
Neak sre (en khmer: អ្នកស្រែ) é un filme camboxano de 1994 dirixido e coescrito por Rithy Panh. É unha adaptación da novela de 1966 Ranjau Sepanjang Jalan, da autora malaisia Shahnon Ahmad. A historia está ambientada no estado de Kedah en Malaisia, e conta a historia dunha familia rural na era dos khmer vermellos de Camboxa, que loita por conseguir unha colleita de arroz. Foi rodado na vila camboxana de Kamreang, nas áreas de Kien Svay e Boeung Thom da provincia de Kandal, preto de Phnom Penh, nas beiras do río Mekong. O elenco componse de actores profesionais e non profesionais.
O filme estreouse na competición principal do Festival Internacional de Cinema de Cannes de 1994 e foi escollido como candidato para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 67ª edición dos premios, sendo a primeira vez na historia que Camboxa presentou un filme na categoría.[1]
Personaxes
- Peng Phan como Om
- Mom Soth como Poeuv
- Chhim Naline como Sakha
- Va Simorn como Sokhoeun
- Sophy Sodany como Sokhon
- Muong Danyda como Sophon
- Pen Sopheary como Sophoeun
- Proum Mary como Sophat
- Sam Kourour acomo Sopheap
Notas
- ↑ Margaret Herrick Library, Academy of Motion Picture Arts and Sciences
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas