Resacón nas Vegas (en inglés: The Hangover) é un filme estadounidense dirixido por Todd Phillips que se estreou no 2009. Estreouse en galego na TVG o 25 de setembro de 2013.
Sinopse
Historia dunha descontrolada despedida de solteiro na que o futuro noivo e os seus tres amigos, dous días antes da voda, montan unha festa tola en Las Vegas. Doug (Justin Bartha) viaxa ata a cidade do xogo cos seus mellores amigos Phil (Bradley Cooper) e Stu (Ed Helms), así como o seu futuro cuñado Alan (Zach Galifianakis). A troula é de campionato e, como era de esperar, á mañá seguinte teñen unha resaca monumental. O problema é que, sendo incapaces de lembrar nada do ocorrido durante a noite anterior, atópanse con que o prometido desapareceu, atopándose no seu lugar con outras dúas sorpresas na suite do hotel: un tigre e un bebé.
Personaxes
Galardóns e nomeamentos
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas