Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:
Requián.
Requián é un lugar da parroquia de Frades no concello pontevedrés da Estrada na Comarca de Tabeirós - Terra de Montes. Tiña 29 habitantes no ano 2012 segundo datos do INE[1] e do IGE[2], dos cales 14 eran homes e 15 mulleres.
Xeografía
Limita con Cuntis, outras parroquias da Estrada, Valga e Pontecesures. Antigamente era un lugar de paso cara a Caldas de Reis, Pontecesures, A Estrada e Santiago de Compostela.
Patrimonio
A capela de Requián comezou a construírse en 1744 por un párroco da zona, coa idea de que os comerciantes, peregrinos, e a propia veciñanza tivese un sitio de oración. En 1748 foi consagrada. A súa primeira imaxe foi a Virxe da Piedade, de pedra, que aínda segue na capela. Máis adiante pasou a adorarse a Virxe dos Milagres, figura de madeira.
Festas
Celébrase a romaría da Virxe dos Milagres o 28 de agosto, con novena e procesión.
Lugares e parroquias
Lugares de Frades
Parroquias da Estrada
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Bibliografía