A República Socialista Soviética de Casaquistán (Қазақ Советтік Социалистік Республикасы), foi a segunda república en extensión das que formaron a Unión Soviética, na Asia central, e é hoxe en día o estado independente de Casaquistán. Tiña unha superficie de 2,717,300 quilómetros cadrados (1,063,200 millas cadradas) e a súa capital era Alma-Ata.
Contexto
Establecida o 26 de agosto de 1920, inicialmente foi unha república autónoma dentro da RSSF de Rusia. O 5 de decembro de 1936 volveuse unha república independente da URSS, chamada RSS de Casaquistán . Durante os 50 e os 60 os cidadáns soviéticos foron urxidos a axudar a poboar as "Terras virxes" da RSS de Casaquistán. O influxo dos inmigrantes (maioritariamente rusos, pero incluíndo algunhas minorías nacionais deportadas) favoreceron a mestura racial e permitiron que o número de casacos fose inferior ó de non casacos. Os outros grupos étnicos incluían ucraínos, alemáns, belarusos, coreanos, e outros; os alemáns no momento da independencia formaban sobre o 8% da poboación, a máis alta concentración de alemáns en toda a Unión Soviética. A independencia fixo que moitos destes novos habitantes emigrasen.
O 10 de decembro de 1991 a RSS de Casdaquistán foi renomeada "República de Casaquistán" e seis días despois acadou a súa independencia.
Poboación
A poboación nativa son os Casaquistanos (4,234,000 en 1970). En 1970, a república tiña un número apreciable de rusos (5,522,000) e ucraínos (933,000). Nas terras desérticas do norte de Casaquistán, había tártaros (288,000), uzbekos (216,000), e belarusos (198,000).