A Recopa de Europa de hóckey sobre patíns, foi unha competición europea entre clubs de hóckey sobre patíns que desapareceu na tempada 1995-96. Foi creada en 1976, e enfrontaba cada tempada aos clubs europeos campións das Copas Nacionais, na súa meirande parte da liga española, italiana e portuguesa. Era a 2ª competición en importancia, trala Copa de Europa e por diante da Copa CERS (agora 2ª máxima competición). Estaba organizada pola CERH (Comité Européen de Rink-Hockey), o máximo organismo do hóckey patíns europeo, con sede central en Lisboa (Portugal).
O equipo campión da Recopa xogaba a Supercopa contra o campión da Copa de Europa.
Historial
En letra grosa o resultado do equipo gañador.
Palmarés
Véxase tamén
Ligazóns externas