A Real Federación Española de Tenis (RFET) é o máximo órgano regulador do tenis en España. O seu labor é o goberno, xestión, administración e regulamentación do deporte do tenis en España. A súa sede está en Barcelona.
Está integrada polas federaciones de tenis de ámbito autonómico e polos clubs deportivos, deportistas, técnicos-adestradores e xuíces-árbitros da devandita modalidade deportiva.
A nivel internacional, a RFET é a entidade deportiva que ostenta a representación de España nas actividades e competicións tenísticas oficiais de carácter internacional celebradas dentro e fóra do territorio español. É competencia da RFET a elección dos tenistas que han de integrar as seleccións nacionais de tenis como o Equipo Nacional de Copa Davis.
A RFET forma parte da Federación Internacional de Tenis (ITF) e da Asociación Europea de Tenis (AET), cuxa representación exerce en España con carácter exclusivo.
Tamén se encontra afiliada ao Comité Olímpico Español como federación española con deporte olímpico.