Raúl Gómez Pato
Portada de Sal auga vinagre, 2020.
Raúl Gómez Pato , nado en Ourense en 1966 , é un poeta e tradutor galego. Dende finais de 2020 ocupa a presidencia da Asociación de Tradutores Galegos [ 1] .
Traxectoria
Licenciado en Filoloxía Clásica pola Universidade de Santiago de Compostela , imparte clase de Latín e Grego. Realizou varias exposicións como pintor e gravador, e ilustrou libros e revistas. Como poeta publicou cinco libros. Traduciu ao galego un bestiario medieval, a obra completa de Safo , unha antoloxía do poeta escocés Robert Burns , e a primeira parte da obra de Nicolás Chamfort , Produtos da civilización perfeccionada .[Cómpre referencia ]
Desde 2015 dirixe a colección Vetera da Editorial Rinoceronte , destinada á tradución á lingua galega de textos anteriores ao ano 1900.[Cómpre referencia ]
Obra
Poesía
Choiva, vapor e velocidade , 1999 , Positivas .
A casa deshabitada da familia Pena , 2001 , Positivas.
Verba quae supersunt , 2003 , Positivas.
Tratado de Zooloxía para corazóns mancados , 2009 , Positivas.
Máscaras de espellos , 2016 , Espiral Maior .
Círculo , 2019 , Positivas.
Sal, auga, vinagre , 2019, Medulia Editorial.
Literatura infanto-xuvenil
Traducións
Libellus de natura animalium = Libriño sobre a natureza dos animais (un bestiario medieval) , 1999, Positivas.
Cantos e fragmentos , de Safo , 2008 , Positivas.
Unha rosa encarnada , de Robert Burns , 2014 , Positivas.
Produtos da civilización perfeccionada (I. Máximas e pensamentos.Pequenos diálogos filosóficos) , de Nicolas Chamfort, 2016, Rinoceronte.
O castelán de Coucy e a dama de Fayel , de Jakemés, 2017 , Rinoceronte.
Libro de emblemas , de Andrea Alciato, 2019, Rinoceronte.
Historias, I e II , de Heródoto, 2020, Rinoceronte.
Obras colectivas
Xuro que nunca volverei pasar fame , 2003, Difusora.
Volverlles a palabra. Homenaxe aos represaliados do franquismo , 2006 , Difusora.
Polifonías II. Voces poéticas contra a violencia de xénero , 2007 , Espiral Maior .
150 Cantares para Rosalía de Castro (2015 , libro electrónico ).
Antonio Fernández Morales , autor berciano. Bicentenario do seu nacemento (1817-2017) (Edicións Fervenza, 2017).
Arrincando marcos 2019 (Positivas , 2019).
Premios
I Premio de poesía Xosé María Díaz Castro do Concello de Guitiriz en 2016 , por Máscaras de espellos .
Finalista do Sexto Certame de poesía Xosé Manuel López Ardeiro no 2017, por Círculo.
Primeiro premio do VII Certame de poesía Xosé Manuel López Ardeiro no 2018, por Residuos de chamas .
Gañador do II Premio de poesía Florencio Delgado Gurriarán no ano 2019 polo poema Vinte, desolación .
Notas