Pascoal Ranieri Mazzilli, nado en Caconde o 27 de abril de 1910 e finado en São Paulo o 21 de abril de 1975, foi un avogado e político brasileiro, presidente provisional do seu país en dúas ocasións: entre 25 de agosto e 7 de setembro de 1961, e entre 2 de abril e 25 de abril de 1964.
Traxectoria
Ranieri Mazzilli era o presidente da Cámara dos Deputados en 25 de agosto de 1961 cando ocorreu a renuncia de Jânio Quadros, e o entón vicepresidente, João Goulart encontrábase en visita oficial á República Popular da China. Para vencer as presións de militares que desexaban impedir a toma de posesión do vicepresidente, Ranieri Mazzilli, o segundo na liña de sucesión segundo a constitución brasileira, asumiu o poder ata que se votase unha solución conciliadora, a adopción do Parlamentarismo no Brasil, retirándose a xefatura do goberno das mans do presidente. O 7 de setembro de 1961 João Goulart volveu ao país xa só como xefe de estado, e Mazzilli reasumiu o seu posto na Cámara dos Deputados.
Cando ocorreu o golpe militar de 1964, João Goulart, entón presidente, refuxiouse no Uruguai. O cargo de presidente foi declarado vacante, e novamente Ranieri Mazzilli asumiu o goberno ata a toma de posesión do primeiro presidente do novo réxime militar, mariscal Humberto de Alencar Castello Branco, o que ocorreu a 15 de abril de 1964.