Ramón Ramiro Vigo Sambade, nado en Cee o 27 de abril de 1964, é un médico e político galego.
Traxectoria
Médico de profesión, é especialista en Medicina do Traballo. Exerceu como inspector médico na Xunta e na Seguridade Social. Traballou como médico titular no departamento de Xeriatría da residencia viguesa do Meixoeiro.
Actividade política
Fundou en 1995 a agrupación Independentes por Cee (IxCee). Entre 1995 e 1999 formou parte do goberno local de Cee grazas a un pacto co PSdeG, que abandonou pouco antes das eleccións municipais. En 2001 asinou unha moción de censura co PPdeG que desbancou aos socialistas da alcaldía. Accedeu á alcaldía de Cee nas municipais de 2007 grazas a un pacto co PSdeG. É o presidente da asociación para o desenvolvemento comarcal Neria. O 31 de xaneiro de 2011 foi detido na Operación Orquestra, resultando imputado de supostos delitos de prevaricación, suborno, tráfico e malversación, e quedando en liberdade con cargos tras pagar a fianza decretada polo xuíz[1]. Nas municipais de 2011 volveu ser elixido alcalde como cabeza de lista da candidatura máis votada[2]. Cesou como alcalde o 1 de marzo de 2012 como consecuencia dunha moción de censura presentada polo PPdeG e o BNG[3].
No ano 2015, nas eleccións municipais, conseguiu recupera-la alcaldía do concello ao se-la lista máis votada[4]. Nas eleccións municipais de 2019 quedou como terceira forza política, polo que a alcaldía foi para Margarita Lamela Louzán do PSdeG[5]. O 31 de agosto de 2022 presentou a súa dimisión como concelleiro e anunciou o abandono da política.[6]
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas