Rafael García Sousa, nado na Coruña en 1905 e finado en marzo de 1978, foi un político, obreiro e militar galego.
Traxectoria
Afiliouse ao Partido Comunista de España en 1935. Tras o estalido da guerra civil uniuse ás milicias populares, integrándose posteriormente na estrutura do Exército Popular da República, onde alcanzou o rango de maior de milicias. Cara ao final da contenda, durante a retirada de Cataluña, asumiu o mando da 139ª Brigada Mixta.
Exiliouse na Unión Soviética xunto a outros militares e políticos comunistas. Unha vez instalado alí, traballou como obreiro en Kolomná, Kírov e Moscova. Durante a segunda guerra mundial alistouse como voluntario no Exército Vermello. Con posterioridade foi tradutor español-ruso en Cuba.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
- Encinas Moral, Ángel Luis (2008). Fuentes históricas para el estudio de la emigración española a la U.R.S.S.(1936-2007). Madrid: Exterior XXI.
- Engel, Carlos (1999). Historia de las Brigadas Mixtas del Ejército Popular de la República. Madrid: Almena. 84-922644-7-0.