Rafael Escuredo Rodríguez, nado en Estepa (Sevilla) o 16 de abril de 1944, é un político español, primeiro Presidente da Xunta de Andalucía.
Biografía
Nado en Estepa, licenciouse en Dereito pola Universidade de Sevilla en 1967, onde daría clases de Dereito do Traballo ata 1976. O ano que comezou a dar clases afiliouse ao PSOE, e o ano seguinte fundou un despacho laboralista en Sevilla, xunto a Felipe González e outras personalidades políticas. Foi deputado tras as eleccións de 1977 (repetiría dous anos máis tarde), período durante o que negociaría as condicións da preautonomía andaluza. O 2 de xuño de 1979, Rafael Escuredo é elixido Presidente da Xunta de Andalucía, cargo que ocuparía ata 1984. Dende entón exerce como avogado.
Recoñecementos
Véxase tamén
Ligazóns externas