Radio Oriental é unha das emisoras de radio uruguaias máis antigas do país. A súa programación combina a actualidade informativa, deportiva e o entretemento cos asuntos relativos á relixión católica.
Historia
Radio Oriental comezou a emitir o 12 de novembro de 1928 baixo o nome de Radio Westinghouse, xa que foi a empresa Westinghouse quen proporcionou os equipos para o inicio das súas emisións, anos máis tarde adoptou a denominación á actual de Radio Oriental.
En 1969 a emisora é adquirida polo Grupo Monte Carlo, unha empresa xornalística propietaria doutros medios de comunicación. Ese mesmo ano os estudos comezan a ocupar o mesmo edificio que Radio Monte Carlo, na Avenida 18 de xullo 1224. Durante eses anos, as emisoras compartiron a súa sede e as súas edicións informativas transmitidas en simultáneo. En decembro de 2003 é vendida e adquirida pola Arquidiócesis de Montevideo[1] grazas a fondos recibidos do exterior.[2] Desde 2006 emite "Sempre en Galicia"[3], o programa de radio en lingua galega máis lonxevo en emisión[4].
Estudios
Os seus estudios están situados na rúa Cerrito 475, na Cidade Vella de Montevideo e a súa antena emisora atópase na Avenida Cesar M. Gutiérrez no barrio Abayubá próximo ao límite do departamento de Montevideo co departamento de Canelones. A emisora transmite en amplitude modulada pola frecuencia de 770 kHz, en canle libre internacional e a súa transmisor ten unha potencia de 100 kW, sendo a emisora privada de maior potencia do Uruguai e podendo ser sintonizada na Arxentina e no Brasil.