Trátase dun ragú (guiso de carne que adoita ir acompañado de verduras),[1] que se cociña frecuentemente en diversas cociñas andaluzas.[2]
Historia
O consumo do rabo de touro coñécese desde a época romana. Marcus Gavius Apicius, gastrónomo do século I autor do libro De re coquinaria, que constitúe unha fonte para coñecer a gastronomía no mundo romano na época dos emperadoresAugusto e Tiberio, mencionaba na súa obra un delicioso estufado ao estilo de Ostia,[3] que ben pode tomarse como antecedente deste prato.
Pero é a finais do século XIX cando s receita tradicional comeza a cocerse nas casas cordobesas, nunha época de máximo esplendor do toureo.[5]
Outros usos
Os rabos de touro e de vaca tamén é moi común usalos para elaborar sancochos en países como Colombia, Ecuador e Venezuela.[6] Nos dous primeiros coñécese como sancocho de cola, mentres que en Venexuela se chama sopa de rabo.
Unha opinión foránea
Sobre o rabo de touro a escritora de libros de cociña e antropólogaculturalbritánica de orixe sefardíClaudia Roden, dixo nas notas introdutorias á receita clásica deste famoso prato: «a forma en que se facía tradicionalmente coas colas de touro que se entregaban como trofeo aos toureiros, e o que se chaman rabos de boi nos Estados Unidos non teñen nada que ver, senón que son as do gando de carne común. Despois dunha cocción longa e lenta, a carne vólvese tenra como a seda, e a salsa é rica e xelatinosa, cos sabores embriagadores achegados polo viño e o brandy: este prato é un luxo».[7]
Receita de rabo de touro
Ingredientes (para 4 ou 6 persoas)
2 rabos de touro, 1 cebola grande, 2 tomates grandes, 5 ou 6 dentes de allo, 7 ou 8 grans de pementa, 4 ou 5 cenorias, 1 folla de loureiro, un vaso de viño branco, un chorriño de aceite de oliva e 2 culleriñas de sal.
Elaboración
Póñense os rabos tallados e lavados na ola a lume forte, cubertos de auga, quitándoselle a escuma. Pícase a cebola, o tomate pelado, os allos e tállanse as cenorias, engádese á ola todo o resto dos ingredientes e ponse a cocer a lume lento durante 3 ou 4 horas.