Rabo de Peixe é unha serie de televisión portuguesa baseada en feitos reais[2] creada e dirixida por Augusto Fraga. Estreouse o 26 de maio de 2023 en Netflix e o 29 de maio xa era a décima serie máis vista a nivel mundial na plataforma.[3] O 30 de maio xa era a sétima e estaba entre as dez primeiras en 33 países.[4]
O 15 de xuño de 2023, a serie foi renovada por unha segunda tempada.[5]
Sinopse
A historia transcorre na freguesía azoriana de Rabo de Peixe, cando unha tonelada de cocaína chega a terra, cambiando por completo a vida dos habitantes. Eduardo, un mozo pescador, e os seus amigos comezan a vender a cocaína. Pero, unha tonelada de cocaína non pasa desapercibida e os nosos protagonistas enfrontaranse aos donos desta droga, á policía e a unha serie de personaxes imprevisibles nunha perigosa aventura sen retorno.[6]
Elenco
Elenco principal
Elenco recorrente
Elenco adicional
Episodios
- Tempestade
- Lei da oferta e da procura
- Terra treme
- Pela boca morre o peixe
- Ninguém foge de uma ilha
- O canto do cisne
- Isto não é a América
Notas