O río Vouga é un curso fluvial do centro de Portugal. Nace na serra da Lapa a 864 metros de altitude, no Chafariz da Lapa, situado na freguesía de Quintela, (Sernancelhe, distrito de Viseu).
Características
Pouco despois de pasar a vila de Cacia, situada no concello e distrito de Aveiro e a 7 quilómetros da sede do concello e mais do distrito, as súas augas sepáranse en innumerábeis canais de terreo baixo e pantanoso, dándose inicio a formación da Ría de Aveiro. O seu curso vai, predominantemente, de leste a oeste tendo un total de 148 quilómetros de extensión.
Os seus afluentes principais son os ríos Caima, Mau e Sul na marxe dereita, e o río Águeda, na marxe esquerda. No seu curso está o encoro de Ribafeita.
A súa conca hidrográfica, contando coas pequenas concas hidrográficas afluentes directas da Ría de Aveiro, cobre unha extensión de 3.635 km².