O río Volta é un río da África occidental que nace en Burkina Faso (anteriormente Alto Volta). O río principal recibe o nome de Volta Negro e ten unha lonxitude total de 1.500 quilómetros. Trátase dun río de augas profundas, veloces e amarelentas, carecendo de portos.
Os seus dous afluentes máis importantes son o Volta Branco e o Volta Vermello, afluente do primeiro.
Alí atópase o Lago Volta, o pantano máis grande do mundo.