O río Segura (en latín Thader, en árabe Oued Al abyad, «río branco») é un río do sueste de España.
O Segura nace en Fuente Segura, a 5 quilómetros de Pontón Bajo, no concello de Santiago-Pontones (Xaén). Percorre as provincias de Xaén, Albacete, Murcia e Alacant. Desemboca no mar Mediterráneo, en Guardamar del Segura (Alacant), tras un curso de 325 km, cubrindo a súa conca hidrográfica unha área de 19.525 km².