Río Lengüelle

Modelo:Xeografía físicaRío Lengüelle
Imaxe
Tiporío Editar o valor en Wikidata
Inicio
División administrativaProvincia da Coruña, España Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónTordoia Editar o valor en Wikidata
Final
División administrativaBerreo, España Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónAs Vendas do Lengüelle Editar o valor en Wikidata
Desembocadurarío Tambre Editar o valor en Wikidata
Mapa
 42°59′09″N 8°29′29″O / 42.98581, -8.49132
Características
Dimensións27 (lonxitude) km

O Lengüelle é un río galego, afluente do Tambre pola súa marxe dereita, na provincia da Coruña.

Percorrido

Nace no municipio de Tordoia, no monte dos Curros a uns 350 m de altura, atravesando unha pequena parte deste municipio, para a continuación formar o linde entre os municipios de Trazo e Oroso, entre os cales rende as súas augas ao Tambre, preto do lugar de Vendas do Lengüelle, en Trazo, e da Estación de Oroso, en Oroso. A súa lonxitude total é de preto de 27 km e a súa conca hidrográfica abrangue unha área de 328 km².

Afluentes

Os principais afluentes do Lengüelle son o Cabrón pola esquerda, e o río de Pontepedra pola esquerda.

Réxime hídrico

É un curso de réxime pluvial, de tipo oceánico, correspondendo a unhas precipitacións medias na súa conca de 1.600 mm anuais.

Outros datos

A pesar da pouca importancia xeográfica do Lengüelle, Eduardo Pondal fíxoo figurar nun dos seus poemas.