O Guadalmellato é un río español de Andalucía que flúe pola provincia de Córdoba, afluente pola marxe dereita do Guadalquivir, no que desauga despois de 103 km de curso.
Percorrido
O Guadalmellato nace ao noroeste da provincia de Córdoba, na Serra de Chimorra, un cordal transversal da Serra Morena, no concello de Villanueva de Córdoba, a uns 900 m.s.n.m. No seu curso alto é un río encaixado nas montañas setentrionais é recibe o nome de río Cuzna. Á altura da localidade de Adamuz, recibe xa o nome de Guadalmellato, xusto onde se ve encerrado no encoro do Guadalmellato, antes de entrar xa nos terreos ondulados do val do Guadalquivir, aquí aínda relativamente estreito, onde desauga nese río a uns 15 km, antes e ao leste, da cidade de Córdoba.
Ao longo do seu curso atravesa os concellos de Villanueva de Córdoba, Villaharta, Obejo e Adamuz.
Afluentes
Os tributarios máis importantes do Guadalmellato son:
Conca
A conca do Guadalmellato abrangue un total de 1.209 km².
Réxime
O Guadalmellato é un río de réxime pluvial, que sofre unha forte estiaxe nos meses cálidos, consonte a precipitación media anual na conca que é de 575 mm.
Explotación
O río é explotado para regadío mediante unha canle duns 55 km de lonxitude.
Á altura de Adamuz construíuse, xa en 1911, o encoro do Guadalmellato cunha capacidade de 154,5 hm³; este encoro surte de auga á cidade de Córdoba. Máis recente é o encoro de San Rafael con 157 hm³.