O río Cinsa é un río galego, afluente pola dereita do Cabe, pertencente á conca do Sil-Miño.
Descrición
Fontes
Nace da confluencia do rego de Barrantes e do río da Veiga, no límite entre as parroquias de Baamorto e Seoane, no concello de Monforte de Lemos.
Percorrido
O seu curso adopta unha dirección N-S coa que drena a parroquia da Vide e a de Distriz, na que desemboca antes do límite co concello de Pantón, logo dun percorrido duns 7 km.