Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:
Cea.
O Cea é un río do noroeste de España, afluente do río Esla, que discorre polas provincias de León, Valladolid e Zamora. Ten unha lonxitude de 163 km.
Nace no municipio leonés de Prioro, na Fuente del Pescado, e desemboca no Esla en Castrogonzalo, na provincia de Zamora. A Canle Cea-Carrión toma auga do río Cea en Galleguillos de Campos.