Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:
Boedo.
O río Boedo é un afluente do río Parga, co que se une no mesmo municipio. Recolle as correntes dos seus diversos afluentes, que descenden do Cordal de Montouto e da serra da Cova da Serpe, na provincia de Lugo.
Fontes
O río Parga nace na aldea de Outeiro de Lea, na parroquia de Santa Mariña de Lagostelle, no concello de Guitiriz.
Percorrido
Percorre as parroquias de Santa Mariña de Lagostelle, Lagostelle, Mariz, Vilar e As Negradas.
Afluentes
O Boedo nace da confluencia dos regatos do Porto, Rexedoiro, Lentemil, Portovello e Landoeiras. Neste último está o encoro de Guitiriz. Recibe pola súa esquerda ó río Escadebas ou Forxá, co seu afluente o río Portaud, e os regatos Portillón e Revollón. Pola súa dereita úneselle as augas do río Mariz, o Tolda, o Ruxida de Curveiros e o Florida.