A ría é unha entrada de costa, ou grande estuario, que se formou polo afundimento parcial dun val costeiro de río.[1] As rías diferéncianse dos fiorde porque o val non tivo unha orixe glacial. Apareceron durante a regresión do último período glacial, que foi o Holoceno.[2]
Do mesmo xeito que no caso dos esteiros, para a ría, a confluencia de augas de mar e río é unha das súas características determinantes. A vida nelas está determinada pola influencia equilibrada de mar e río, maiormente en canto ás súas augas e correntes, estando por un lado rexido polas subidas e baixadas das mareas e por outro condicionado polo caudal do río. Polo feito de estar situadas na parte final dun río, as rías teñen tendencia ao ateigamento, é dicir, á recepción e enchido por materiais erosivos do propio río, así como doutros arrastrados polas correntes costeiras, que ó entrar no recuncho que ofrecen as rías suavizan a súa potencia e descargan materiais.
Segundo o tempo de aparición xeolóxico das rías, as rías por riba de Cabo Fisterra pódense clasificar como rías Altas e Medias. O termo de rías Medias xorde para definir as rías que están entre Cabo Fisterra e Estaca de Bares e que apareceron posteriormente ás rías Baixas e antes que as cantábricas[9].
O litoral atlántico norteamericano, entre Nova York e o cabo Hatteras tamén contén unha serie de rías.
As Bocas de Kotor (Boka Kotorska), en Kotor, no Montenegro. Estas penetran uns 30 km no interior continental, ben protexidas do mar aberto, e constitúen o meirande porto natural do mar Adriático.
Notas
↑Goudie A.S. et al. 2004. Encyclopedia Of Geomorphology. ISBN 10: 0415863007 ISBN 13: 9780415863001
↑No caso das rías europeas este período dernomínase como a transgresión Flandriana
↑Santa María, Inés e Massó, Noé (2009). "Ría de Baiona". Atlas xeográfico e histórico de Galicia e do Mundo. Do Cumio. p. 106 C2. ISBN 978-84-8289-328-0.
↑J. R. Vidal-Romaní; A. Martelli, D. Fernández-Mosquera, E. de Uña and J. Yepes. Galicia region: Landforms and morphological evolution of granitic areas. Sith International Conference on Geomorphology of Granitic Areas. Zaragoza, 2005.